Chegou o momento de despedirnos
desta etapa de Educación Infantil que comezamos todos xuntos dende fai
xa tres anos. Foi un longo e moi fermoso camiño que agora
chega ao seu final.
Pecho os meus ollos e lembro esas
cariñas asustadas de Alba, das Andreas,
Nicolás, Carmela, Brais, Nerea
, Sabela, Sara, Ángel e Sergio no seu primeiro día e
como non querían soltarse das mans dos seus e entrar neste novo mundo.
Ao longo deste tempo, compartimos
xogos, ledicias, paseos, risas e algún que outro desgustiño,… Gozamos de
recreos ao sol e, mirando por esas ventás compartimos a merenda en
innumerables días de choiva.
Viaxamos desde a nosa aula por
moitas terras afastadas e descubrimos outros planetas, outros mundos, animais
fantásticos e, por enriba de todo, aprendemos a soñar, a convivir, a
respectar e a querer aos outros.
Traballamos moito, coma formiguiñas
laboriosas, razoamos, inventamos, deseñamos e compartimos tantos proxectos
que nos axudaron a sentirnos fortes, autónomos e con ganas de saír ao mundo.
Teño que
recoñecer o moito que aprendín
e gocei con todos vos, co voso entusiasmo e
curiosidade que me axudaron a
renovarme cada día.
Xunto ás vosas familias traballamos dende o primeiro
momento para que vos medraran unhas ás
fortes que vos permitiran voar con seguridade e espírito crítico polo exterior e que, pouco a pouco, vos forades convertendo nesas estupendas “personiñas”
que hoxe sodes.
Pasamos tantos momentos cheos de sorpresa, de emocións, de risas e algún
choro que apenas durou, aprendendo a
pedir perdón e dar as grazas.
Grazas a todas ás familias por confiarme o voso tesouro
máis prezado e a vos, só dicirvos, que sempre vos levarei no corazón.
Manola
Domínguez Vilas
|
jueves, 26 de junio de 2014
DESPEDIDA DE INFANTIL
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)

No hay comentarios:
Publicar un comentario