jueves, 26 de junio de 2014

DESPEDIDA DE INFANTIL







Chegou o momento de despedirnos desta etapa de Educación Infantil que comezamos todos xuntos dende fai xa tres anos.  Foi un longo e moi fermoso camiño que agora chega ao seu final.

Pecho os meus ollos e lembro esas cariñas asustadas de Alba, das Andreas,  Nicolás, Carmela,  Brais, Nerea ,  Sabela,   Sara, Ángel e Sergio no seu primeiro día e como non querían soltarse das mans dos seus e entrar neste novo mundo.
  
Ao longo deste tempo, compartimos xogos, ledicias, paseos, risas e algún que outro desgustiño,… Gozamos de recreos ao sol e, mirando por esas ventás compartimos a merenda en innumerables días de choiva.

Viaxamos desde a nosa aula por moitas terras afastadas e descubrimos outros planetas, outros mundos, animais fantásticos e, por enriba de todo, aprendemos a soñar, a convivir, a respectar e a querer aos outros.

Traballamos moito, coma formiguiñas laboriosas, razoamos, inventamos, deseñamos e compartimos tantos proxectos que nos axudaron a sentirnos fortes, autónomos e  con ganas de saír ao mundo.

Teño que  recoñecer o moito  que aprendín e gocei con todos vos, co voso entusiasmo e  curiosidade que me axudaron a  renovarme  cada día.


Xunto ás vosas familias traballamos dende o primeiro momento para que vos medraran unhas ás fortes que vos permitiran voar con seguridade e espírito crítico  polo exterior e que, pouco a pouco, vos  forades  convertendo nesas estupendas “personiñas” que hoxe sodes.  

Pasamos tantos momentos cheos de sorpresa, de emocións, de risas e algún choro que apenas durou, aprendendo  a pedir perdón e dar as grazas.

Grazas a todas ás familias por confiarme o voso tesouro máis prezado e a vos,  só dicirvos,  que sempre vos levarei no corazón.

Manola Domínguez Vilas




jueves, 19 de junio de 2014

EXCURSIÓN

Hoxe foi un día moi intenso. Comenzamos a mañan no centro de alto rendimento de Galicia, pasámolo en grande vendo donde entrenan os mellores deportistas, e por suposto, nos tamén quixemos facer deporte...






  1. O mediodía marchamos a BAROSA e alí ademais de comer e merendar,  aprendimos  como facer fariña, como amasar pan e por suposto como podemos hornealo.





º






lunes, 16 de junio de 2014

O LIBRO DA SELVA

Esta manán fomos o multiusos de Rois, para ver unha representación de monicreques, a cargo da compañía "Cachirulo"  titulado "O LIBRO DA SELVA". Estivemos moi atentos, non queríamos perdernos nada. Aí vos quedan algunhas imaxenes do evento






viernes, 13 de junio de 2014

VISITOUNOS A PROFE CELIA

Hoxe recibimos unha visita moi especial "A profe Celia". Foi unha sorpresa, quedamos moi contentos e ademáis trouxo unhas chuches que fixeron as delicias de todos.  Grazas profe Celia, foi unha sorpresa moi especial, vimoste tan ben, que  todos nos preguntábamos si xa podias vir para a próxima semana.





miércoles, 4 de junio de 2014

OS VERMES DE SEDA

Estes días na aula temos outra vez vermes de seda. Estamos coma "toliños", non paran de comer, tódolos días repoñemos follas de moreira e acaban con elas. Por si eso fora pouco, agora comenzan a facer as súas casulas e estamos moi atentos ós cambios.