martes, 25 de marzo de 2014

CONTO "DONA CARME"

Hoxe tivemos uns contacontos moi especiais. Dous alumnos de segundo viñeron a nosa clase a contarnos o conto de Dona Carme. Foi unha experiencia fantástica, pasámolo moi ben. O conto gustounos moito, e non perdimos detalle, como podedes comprobar nas fotos...



A TVG

Hoxe estivemos vendo na TV un programa que se titulaba COS PÉS NA TERRA. Saía Carmela, a súa familia, e os seus veciños.... Tivemos moito para conversar. Ahí vos queda o enlace para poder velo na casa se queredes.

Cos pés na terra

domingo, 23 de marzo de 2014

DÍA DO PAI

Como xa todos sabedes estivemos moi ocupados traballando para o día do pai. Pero non podía publicar nada, pois algún de vos non recibía o agasallo ata o fin de semana. Así que tiñamos que gardar o segredo. Agora chegou o momento de que poidades ver a ilusión coa que os vosos fillos traballaron a reo, para ter o voso agasallo feito para o día do pai.





CUMPRE DE CARMELA

O venres, Carmela estivo de cumpre e invitounos a unha tarta. Esta vez a profe non mandou nota a casa, e teño que decir que case todos se acordaron e non trouxeron merenda. Seguro que os poucos que non deron  o "recado" o próximo non o olvidan.




sábado, 22 de marzo de 2014

SEMENTANDO FLORES

Este venres comenzou a primavera, e fomos sementar unhas flores o invernadoiro. Esperemos que nos nazan algunhas polo menos para poder ver o que sementamos...





miércoles, 19 de marzo de 2014

O CICLO DA AUGA

Hoxe estivemos traballando sobre o ciclo da auga- Ahí tedes as vosas "pingas de auga" quentándose o sol e evaporándose, xuntándose nunha nube... e caendo en forma de chuvia. Espero que o disfrutedes case tanto coma eles.

   
        q

martes, 18 de marzo de 2014

INVESTIGANDO SOBRE A FLOTACIÓN

Hoxe estivemos investigando: que pasa si botamos un ovo en auga, flota ou afunde? E si botamos un ovo cocido? Que pasa se a auga non e doce e é salgada, flotan ou afunden? E si esta experiencia a facemos en duas linguas, en inglés e en galego... Ahí vos quedan unhas fotos. Foi moi interesante e divertido